top of page

Inscricións

 

Aquelas persoas que desexen participar como asistentes, con dereito a recibir o material que se entregue, así como o diploma acreditativo da súa participación no Encontro, deberán pagar unha cota de inscrición de 30 € (no caso de desexar asistir só ao Congreso que se celebrará do 4 ao 8 de xuño en Santiago de Compostela) ou 50 € (esta sería a inscrición completa para quen desexe asistir a todo o Encontro, incluíndo os días do congreso en Compostela así como a viaxe e actividades que se levarán a cabo en Portugal). En todo caso, tanto unha como outra modalidade só inclúen a inscrición no Encontro e, no caso da modalidade completa, a viaxe a Portugal. Cada un deberá asumir, por tanto, os gastos de manutención e aloxamento.

 

As inscricións deberán ser abonadas na conta habilitada pola Universidade de Santiago de Compostela (ES40-0049-2584-9022-14002210 [Banco Santander], co código BIC BSCHESMM). Á hora de realizar o ingreso bancario é obrigatorio sinalar o seu nome e apelidos, así como "Encontro Viaxeiros" no concepto. Posteriormente deberán facernos chegar a través do enderezo electrónico encontroviaxeiros@gmail.com o xustificante de pago, indicando, ademais, o seu nome, apelidos, DNI, Pasaporte ou similar, e confirmar se desexa participar só no Congreso de Compostela ou no conxunto do Encontro, tanto en Galicia como en Portugal.

 

Os membros da Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares non terán que pagar pola inscrición, aínda que deberán enviar un correo electrónico cos seus datos.

 

Unha vez realizados os pagamentos non se procederá, en ningún caso, á devolución do diñeiro.

 

As inscricións poderán realizarse até o 27 de maio do 2015.

 

bottom of page